Cristóbal
González Rabadán, Rafael Sánchez Barguiela, director da S.A de Xestión
do Plan Xacobeo, Mª Ángeles Fernández Fernández e Arturo Domínguez La
Rosa, vocal da Plataforma Víctimas del tren Alvia — en Museo das Peregrinacións en Santiago de Compostela
Los poetas Asun Estévez y Manuel Pereira Vlacárcel en u momento de su intervención
Rachou o sol bágoas e sombras pintaron a tarde. Canta dor... BÁGOAS (24 se xullo, 2013) Dixéronme que te viran negra sombra que me asombras. Comandando un solpor de lume e de ferro. E fendeuse o azul na fin da tarde. E a tristura apedreou os tellados de Compostela. Foi a morte un cabalo desbocado que chegou trabando e cuspindo e tróuxonos o inferno. Dixéronme que te viran esfarelando ó teu paso os corpos e as vidas. E voaron os soños... din que ían berrando espidos de alegría. E Galicia grita e chora, e ti choras, e eu tamén choro... e o mundo hoxe, o mundo...tamén chora... E milleiros de bágoas negras seguen a vestir de dor unha longa noite de pedra... Dixéronme que te viran negra sombra que me asombras. Din que ías calada... como foxen os que rouban.
Asun Estévez
As súas mans
contra a angustia
As súas mans
consolando bágoas
As súas mans
amortecendo a dor
As súas mans
teimosas na esperanza
As súas mans
somerxidas na catástrofe
As súas mans
unha a unha
Angrois
Manuel Pereria Valcárcel
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario